domingo, 22 de mayo de 2011

Comunicado de prensa DEMOCRACIA REAL XA! (22/05/11)

Democracia real Xa! decidiu emitir este comunicado de urxencia a pesar de ser día das eleccións municipais debido á importancia dos temas a desmentir.

Apareceron varias webs, perfís de facebook, twitter e tuenti nos que se intenta suplantar a nosa identidade como movemento, propoñendo accións e ideas completamente opostos aos que se recollen no noso manifesto oficial.

Queremos dende aqui aclarar que DRX non é un partido político, nunca tivo pretensións de selo e non entra nos seus proxectos convertirse en ningún. Todas as páxinas nas que se asocie a DRX con un partido político son calumnias, xa que dende o principio DRX definiuse como unha plataforma apartidaria e asindical.

As únicas canles de comunicación válidas son a web oficial democraciarealya.es, o perfil de twitter @democraciareal, o perfil de facebook /democraciarealya e os correos rematados en @democraciarealya.es. Pedimos aos medios que verifiquen calquer información que lles chegue por outros medios que non sexan estes.

Apareceron, non só reivindicacións firmadas no noso nome que nada teñen que ver con DRX, senón incluso persoas que din ser representantes desta plataforma e que anuncian accións con datas concretas. Dende aquí desmentimos esas declaracións. A próxima semana convocaremos unha rolda de prensa na que se informará das próximas movilizacións, ata ese momento todo o que se diga carece de veracidade.

A través deste comunicado DRX quere denunciar a mala pràctica periodística de El Mundo, que o sábado publicou un artigo no que declaraba que Democracia real Xa! "sólo mantendría contacto con los medios de comunicación a través de ruedas de prensa retransmitidas on line". En nome da extensa rede de cidades que integra DRX denunciamos a manipulación deste medio, xa que esa medida é temporal e aplícase só ao grupo de Madri, tal como ya se explicou a este medio. Ainda así o seu artigo fala de DRX en xeral sen facer mención á especificidade local desa medida en canto á relación cos medios de comunicación e por tanto condenando ao silencio mediático a máis de 60 cidades que en ningún momento manifestaron a súa intención de non atender á prensa.

Esperamos que este comunicado sirva para que El Mundo rectifique e para que o resto de medios de comunicación saiban que sempre que a intención sexa dar información veraz sobre o movemento estaremos encantados de atendelos.

DRX quere aclarar tamén que as reivindicaciones das acampadas non teñen porque coincidir cas nosas. Como convocatorias autónomas e independentes que son, cada acampada elaborou o seu propio manifesto e as súas reivindicacións, que en ocasións coinciden coas consensuadas polos membros de DRX e en outras non. As propostas de DRX son as que están publicadas na web oficial. Calquera outra proposta que se faga pública e se desmarque das anteriores non provén de DRX, aínda que se anuncie como se así fora.

Máis alá destas acalaracións, DRX aínda que non as organice nin as convoque, apoia as acampadas e colabora no posible con elas, xa que as recoñece como a expresión da voz do pobo sin intermediarios, e esa era unha das reivindicacións da manifestación do 15 de maio.

Por último, pensamos que é preciso aclarar ante o pobo que o noso movemento nunca pediu a abstención, nin o voto en branco, nin o voto nulo, nin o voto para ningún partido en concreto. DRX promove que a xente se informe e que decida por sí mesma a quén entregar o seu voto segundo a súa ideoloxía, posto que por ser unha plataforma plural, a diversidade de voto é tamén amplia. O noso obxetivo é mellorar o sistema electoral actual, pero ata que ese modelo cambie, pensamos que cada persoa debe participar como mellor lle pareza.



Fonte: escolar.net

miércoles, 18 de mayo de 2011

Se vides a SCQ


#insidethecamp Noite 2

18/05/2011




Comunicación

Brilla o ecrá dun portátil na praza do Obradoiro. Soan as últimas cancións do día, cada vez máis baixo para non molestar a quen xa intenta durmir. Porque entre @s máis de 150 que xa estamos reunid@s, algunh/as a durmen e recargan pillas para a xornada de mañá. Iso sí, o goteo de compañeir@s chegando ao lugar non se detén, e algún ao que aínda lle sobran enerxías para rato encárgase de celebrar a incorporación de un, dous, tres, catro persoas máis. @s que levan aquí dende a primeira hora da noite puideron cear grazas á colaboración d@s praceir@s do mercado de Abastos e dalgúns locais composteláns que de xeito altruista cederon os alimentos.

Estamos orgullosos de adiantaros que a primeira tenda a instalaron @s compañeir@s de Infraestructuras, por volta das 23h. Un primeiro paso, un símbolo da resistencia, do noso pequeno gran de area. Os traballos retómanse mañá cedo, con varias actividades do grupo de actividades culturais, por toda a Zona Vella. Namentres, @s compañeir@s de divulgación comezarán co arduo traballo que supón chegar á toda a xente que por un ou outro motivo non nos coñeza.

Desexamos interactuar con pequenos e maiores, poñendo en valor a alegría como actitude vital e integradora, algo que aprendimos vendo hai uns anos o Xabarín Club: Pois en Compos cada día somos máis. Oink!!

San Benitiño acunanos esta noite cortesía do incansable Ricardo Parada e coristas. Boa noite a tod@s, tamén a parella de polis locais de SCQ, que esta noite custodiannos no seu todoterreo baixo os arcos de Raxoi, e que hoxe tiveron un par de detalles de bo rollo e tamén é de xustiza comentalo.


Brilla la pantalla de un portátil en la plaza del Obradoiro. Suenan las últimas canciones del día, cada vez más bajo para no molestar a quienes ya intentan dormir. Porque entre l@s más de 150 que ya estamos reunid@s, algun@s ya duermen y recargan pilas para la jornada de mañana. Eso sí, el goteo de compañer@s llegando al lugar no se detiene, y alguno al que todavía le sobran energías para rato se encarga de celebrar la incorporación de una, dos, tres, cuatro personas más. L@s que llevan aquí desde primera hora de la noche han podido cenar gracias a la colaboración de tenderos del mercado de Abastos y de algunos locales compostelanos que de forma altruista cedieron los alimentos.

Estamos orgullosos de avanzaros que la primera tienda la instalaron los compañeros de Infraestructuras, a eso de las 23h. Un primer paso, un símbolo de resistencia, de nuestro pequeño grano de arena. Los trabajos se retoman mañana temprano, con varias actividades del grupo de actividades cultures por todo el casco antiguo. Mientras tanto los compañeros de divulgación comenzarán con el arduo trabajo que supone llegar a toda la gente que por un motivo u otro aún no ha podido conocernos.

Deseamos interactuar con pequeños y mayores, poniendo en valor la alegría como actitud vital e integradora, algo que aprendimos viendo hace unos añitos el Xabarín Club: Pues en Compos cada día somos máis. Oink!


El San Benitiño, nos acuna esta noche cortesía del incansable Ricardo y coristas. Buenas noches a todos, también a la pareja de polis locales de SCQ, que esta noche nos custodian en su todoterreno bajo los arcos de Raxoi, que hoy han tenido un par de detalles de buen rollo y es de justicia comentarlo.

Discurso de una compañera griega tras la manifestación del 15.05.11 Santiago de Compostela

lunes, 16 de mayo de 2011

Galiza tamén quere Democracia Real Xa!

Milleiros de cidadáns e cidadás indignados saíron á rúa este quince de maio en 60 cidades de todo o Estado convocados pola plataforma Democracia Real Xa. Destes, máis de cinco mil só en Galiza (máis de mil en A Coruña e Santiago, e uns 3.000 en Vigo) conseguiron pór nome e voz á indignación causada por políticos, banqueiros e grandes empresas. Nesta altura, aínda resoarán os berros dos manifestantes acampados na Porta do Sol de Madrid, que non querían marchar onte ata o 22 de maio, e nas rúas galegas a raiba pero tamén o entusiasmo polo éxito acadado nas mobilizacións.

En 1930, Mahatma Gandhi emprende a Marcha do Sal. Ante a prohibición do Imperio Británico aos indios de fabricar o seu propio sal, elemento daquela imprescindible para a conservación dos alimentos, e polo tanto de primeira necesidade, o avogado, pensador e político nacionalista anima aos indios a seguir o seu exemplo e desobedecer pacificamente a inxusta lei, recollendo el mesmo auga salada e evaporándoa sen permiso. En poucos días, todo o país o imita, e máis de 60.000 ladróns de sal enchen os cárceres, mais o goberno recoñécese impotente para frear isto e acaba liberándoos a todos e aprobando este dereito. En 1955, Rosa Parks, unha humilde secretaria de raza negra, negouse a ceder o seu asento no autobús a un branco, en defensa dos seus dereitos. Este simple xesto de resistencia digna levou a todo un movemento de loita polos dereitos civís liderado por Luther King, que non parou até que conseguiu a victoria nos tribunais, e o recoñecemento do resto da sociedade. En 2011, un simple cidadán tunisiano, Mohamed Bouazizi, negouse a ceder á chantaxe duns policías que lle pedían diñeiro para poder exercer o seu dereito ao traballo. Ante as malleiras recibidas, e logo de sofrer ademais a humillación dunha funcionaria, decide prenderse lume ante aqueles que o “queimaban” día a día. A súa morte desencadeou toda unha onda de revoltas cidadás, que provocaron a fuxida última do seu presidente e a constitución dun novo goberno. Así pasou tamén en Exipto, e está a pasar en Libia e outros países do mundo árabe. Unha faísca ao mellor non alumeará nada, pero un regueiro e moitas faíscas pode facer estoupar a bomba dunha revolución, que é o que pasou. Así tamén en Arxentina coas Nais de Praza de Maio e os desaparecidos, en Sudáfrica con Nelson Mandela e o apartheid, en Stonewall coas comunidades homosexuais… Ou en Islandia recentemente, cos cidadáns que se negaron a pagar a débeda dos seus banqueiros.

Son todos estes casos en que apenas un xesto anónimo de resistencia individual, cívica e pacífica, conseguiu multiplicarse e xerar cambios profundos na sociedade. Non son válidos, polo tanto, os argumentos de quen quere descalificar a política e sobre todo a participación cidadá, facendo uso da apatía e a abulia xeralizadas, facendo crer que as cousas non poden cambiar, que non nos podemos liberar desta ditadura dos mercados na que só temos dereito a decidir a cor do partido que vai administrar a nosa exigua liberdade, dirixido á súa vez pola banca e as grandes empresas, ademais do FMI, Banco Mundial e Organización Mundial do Comercio.

Na Galiza, este espíritu cívico e rebelde, pacífico e responsable, tamén ten gañada xa a primeira partida, dunha serie de moitas que comezarán a partir de agora, a partir desta primeira cita multitudinaria, na que non só se acadou unha victoria nas cifras de asistencia, na cantidade, senón e sobre todo na cualidade. En Compostela, máis de mil cidadáns e cidadás indignados saíron á rúa, dende Porta Faxeira a Cervantes, entre estudantes de todas as idades, pais e nais de familia e mesmo xubilados. Ante as accións violentas duns contados encarapuchados que estaban a romper os cristais do local dun coñecido xornal, o groso da manifestación se separou e rexeitou a actitude dos violentos, que se escudaron valentemente na masa para perpetrar uns actos opostos totalmente á filosofía do movemento. Mais un episodio aillado non conseguiu empecer o carácter pacífico e festivo da mobilización. En A Coruña un milleiro de persoas enchía a Praza de María Pita, nun día particularmente bo e soleado. E en Vigo foron máis de tres mil os que superaron as súas indiferencias ideolóxicas ou a suposta apatía da sociedade actual, e desfilaron ante a Praza do Rei e o Concello para reclamar unha participación auténtica dos cidadáns de a pé na política. Tamén en Ferrol, Lugo e Ourense, aínda que con menor participación, tamén polo seu menor tamaño, conseguíronse derrubar tópicos. Nesta última cidade, os máis novos fixéronse co protagonismo na defensa dos seus dereitos, en particular estudantes de bacharelato menores de idade artellados a través da plataforma Estudantes sen Futuro. Eles mesmos se organizaron, fixeron os cartaces, encabezaron o percorrido e leron o manifesto diante do Concello, recordando que serán eles os máis prexudicados por unha situación insostenible, cando non quede futuro para eles. Moi importante é que sexan eles e elas os máis activos, e que estean en verdade concienciados do difícil presente, porque deles é o futuro. Moi especial e inesquecible foi o momento no que desfilaron por diante das carpas electorais dos distintos partidos, parando enfronte dos dous partidos maioritarios e adicándolles sonoros apoupos e cánticos como “PSOE, PP; a mesma merda é”, ou “Non, non, non! Á privatización!”, sen rexistrar ningún incidente, só expresando o seu descontento de forma contundente pero non violenta. Mesmo tiveron que aturar, como en Santiago, algún intento de rebentar a manifestación, ante as provocacións dalgúns poucos e a susceptibilidade doutros, que afortunadamente se salvaron sen problemas. Era unha mobilización que pedía deixar en casa as bandeiras, emblemas e reivindicacións de partidos políticos concretos, para salientar a unidade e o carácter apartidario do movemento. E así foi en liñas xerais, destacando en todo momento o grande civismo e coraxe dos mozos e mozas que lideraron a protesta.

Abofé que este será o xermolo de moitas máis mobilizacións. Era hora xa de que os mozos e mozas galegos, así como os do resto do Estado español, seguiran o ronsel de dignidade dos veciños europeos, que en Portugal (“geraçao á rasca”), Italia, Francia e Reino Unido, ademais de Islandia, Grecia e demais países, xa ergueran a súa voz diante dos abusos dos poderosos. Cómpre esixir a volta do poder ao Pobo, un novo modelo de sociedade realmente democrático, na nosa condición de cidadáns “indignados”, como fai notar o ex combatente da Segunda Guerra Mundial, vítima do fascimo e corredactor da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, Stéphane Hessel, na súa obra “Indignádevos!”, un auténtico “best seller” dos últimos tempos, que chama á conciencia civil, o compromiso ético e social, e a insurrección pacífica. Cómpre seguir indignándose e demandando democracia real xa.


Jorge M. de la Calle

¡Éxito en la manifestación!



Más de mil personas, (la Policía Local señaló que éramos 1100), recorríamos ayer las calles de Santiago, reivindicando de forma pacífica nuestros derechos, luchando por una DEMOCRACIA REAL YA!
Es cierto que esto solo es el primer paso, y que poco a poco esperamos ser más en las siguientes manifestaciones.
El mejor de los ambientes, caluroso, relajado y amistoso, en una tarde en la que, quizás, podrían haber venido muchas menos personas (fútbol, calor...).
A pesar de eso, consideramos que ha sido un éxito y que nos estamos haciendo un hueco muy importante a nivel estatal e internacional, a pesar de que los medios de comunicación más importantes prácticamente nos ignoren, ¡estamos aquí! Y seguiremos luchando por lo que es nuestro!!!
Iremos actualizando con las acciones y manifestaciones que sigamos realizando.
¡TOMA LA CALLE! ¡No somos mercancía en manos de políticos y banqueros! Este es nuestro lema, y no debemos olvidarlo.
Las manifestaciones de ayer solo fueron el comienzo de un movimiento grande, MUY GRANDE!
Gracias a todos los que asististeis!!

Máis de mil persoas (a Policía Local sinalou que eramos 1100) percorrimos onte as rúas de Santiago, reivindicando de forma pacífica os nosos dereitos, loitando por unha DEMOCRACIA REAL XA!
É certo que isto só é o primeiro paso, e que pouco a pouco esperamos ser máis nas seguintes manifestacións.
O mellor dos ambientes, relaxado, amistoso... nunha tarde na que, quizáis, poderían ter vido moitas menos persoas (polo fútbol, a calor...).
A pesar diso, consideramos que foi un éxito e que estamos a facernos un oco moi importante a nivel estatal e internacional, a pesar de que os medios de comunicación máis importantes practicamente nos ignoren, ¡aquí estamos! E seguiremos loitando polo que é noso!
Iremos actualizando coas accións e manifestacións que sigamos realizando.
¡TOD@S Á RÚA! ¡Non somos mercadoría en mans de políticos e banqueiros! Iste é o noso lema, e non debemos esquecelo.

As manifestacións de onte só foron o comezo dun movemento grande, MOI GRANDE!

Grazas a todos os que asististes!!!






A pesar de todo, houbo actos violentos, dos que nos desvinculamos completamente:

Dende o grupo organizador de Democracia Real Xa en Santiago de Compostela, queremos dar conta e desvincularnos dos altercados producidos durante a manifestación do domingo 15 de maio. Ao entrar na zona vella, entre cinco e sete persoas co rostro tapado romperon o vidro da sede do xornal El Correo Gallego e botaron dentro unha bomba de fume. Tamén causaron danos nos caixeros automáticos dalgunhas entidades bancarias.



Estes actos violentos provocaron que moitas das persoas que estaban participando na manifestación –persoas maiores e tamén xente cos seus fillos e fillas- exercendo o seu dereito a expresarse libremente, marcharan da mesma por medo a que eses actos illados acabasen nunha batalla campal, como xa ten pasado outras veces en tantos lugares. Porén, a reacción xeral das e dos manifestantes foi exemplar, e deixamos claro que a violencia non ten lugar nas nosas reivindicacións e que non a imos tolerar. Agradecemos moito a vosa actitude e apoio nese momento delicado, que foi toda unha lección tanto para nós como, agardamos, para eles.



Dende o principio deste movemento, unha das premisas fundamentais é a non violencia. E isto, que asumimos tamén en Compostela, quedou ben claro tanto nas conversacións nas redes sociais coma nas reunións que tivemos en persoa no último mes e medio. Por iso, lamentamos e rexeitamos totalmente que algúns, sin sequera dar a cara, tiveran ocasión de aproveitar a situación para causar danos materiais. E, non menos importante, alterar o transcurso normal dunha manifestación que ata entón estaba a transcurrir nun moi bo ambiente, e que superou as expectativas da organización.



Tamén aproveitamos a ocasión para agradecer e, porque non, felicitar, a toda a xente que apoiastedes o 15M. Foi un día bonito e a sensación, polo menos entre as persoas da organización (á que vos convidamos a participar) foi dunha victoria e dun principio. Permanecede pendentes de próximas convocatorias, porque seguimos sen ter pan pra tanto chourizo.



TOD@S Á RÚA


domingo, 15 de mayo de 2011

Ha llegado el gran día... 15.05.11!

Hoy es el gran día.
Después de meses de esfuerzo, esta tarde a las 18:00h obtendremos nuestra recompensa.
Una recompensa que se traducirá en una lucha continua de la que no nos desprenderemos hasta no lograr lo que queremos!
Esta tarde, a las 18:00h ¡sal a la calle! Por ti, tu presente y tu futuro!
Si tienes dudas sobre si hay convocatoria en tu ciudad, puedes entrar en www.democraciarealya.es
En cuanto a Galicia, podrás ir a Santiago, A Coruña, Lugo, Ferrol, Vigo y Ourense.
Recuerda: NO SOMOS MERCANCÍA EN MANOS DE POLÍTICOS Y BANQUEROS!
Sal a la calle, y trae al mayor número de personas posibles.
La tarde de hoy será inolvidable!
¡DEMOCRACIA REAL YA!

Hoxe é o gran día.
Despois de meses de esforzo, esta tarde ás 18:00h teremos a nosa recompensa.
Unha recompensa que se traducirá nunha loita continua da que non nos desprenderemos ata non lograr o que queremos!
Esta tarde, ás 18:00h, ¡tod@s á rúa! Por ti, polo teu presente e o teu futuro.
Se tes dúbidas sobre se hai convocatoria na túa cidade, podes entrar en www.democraciarealya.es 
En canto a Galicia, poderás ir a Santiago, A Coruña, Lugo, Ferrol, Vigo e Ourense.
E lembra: NON SOMOS MERCADORÍA EN MANS DE POLÍTICOS E BANQUEIROS!
¡Tod@s á rúa! Trae ó maior número de persoas posibles.
A tarde de hoxe será inolvidable!
DEMOCRACIA REAL XA!!

sábado, 14 de mayo de 2011

Rueda de prensa (vídeo)


Rolda de prensa en Santiago de Compostela (12/05/2011)

jueves, 12 de mayo de 2011

Rueda de prensa

Esta tarde, a las 18:00h en el Centro Social O Pichel.
Rueda de prensa de la organización de Democracia Real Ya de Santiago de Compostela.


Esta tarde, ás 18:00h no Centro Social O Pichel.

Rolda de prensa da organización de Democracia Real Xa de Santiago de Compostela.

martes, 10 de mayo de 2011

Vídeo de difusión para Galicia


Galiza non se vende! O 15 de maio tod@s á rúa!

Difunde este vídeo!

domingo, 1 de mayo de 2011

Avances hasta el 1 de mayo

- Manifestación aceptada y recorrido confirmado
- Primera reunión concluida con éxito y con grandes iniciativas y participación
- Difusión a pie de calle en proceso
- Nota de prensa enviada
- Creciendo y creciendo!

Avances ata o 1 de maio:
- Manifestación aceptada e percorrido confirmado
- Primeira reunión realizada con éxito e con grandes iniciativas e participación
- Difusión a pé de rúa en proceso
- Nota de prensa enviada
- Medrando e medrando!