lunes, 21 de mayo de 2012

Comunicado DRX: En defensa do Ensino Público

Ante as medidas acometidas polo goberno con respecto ao Ensino Público, Democracia Real XA! quere manifestar o seu absoluto rexeitamento e desacordo coas mesmas, así como o seu apoio ás protestas deste 22 de Maio, que secunda e apoia. Os recortes educativos que se están realizando en todos os sectores do ensino público, non fan senón continuar a sangría aos dereitos da cidadanía.

domingo, 22 de abril de 2012

A "Asociación Democracia Real Xa" non é "Democracia Real Xa"


Ante a noticia aparecida nalgúns medios de comunicación onde se informa que os "impulsores do 15 M, constitúen a Asociación Democracia real Ya! " anunciamos a prensa:
  1. Os activistas de Democracia real Ya! denunciamos o apoderamento do noso nome por parte dunhas persoas que de xeito non consensuado e en clara minoría crearon unha asociación co noso nome.
  2. Estas persoas non están lexitimadas polos activistas de DRY dun xeito democrático. Consideramos este actuar como autoritario, onde se saltaron a ética e o respecto ao apropiarse dun nome que non lles pertence.
  3. Denunciamos unha manobra de xente que quere impoñer de forma unilateral a súa visión e desestabilizar as ferramentas de todo un colectivo para os seus propios fins persoais. Este colectivo non é mercadoría nin de políticos nin banqueiros.
  4. Rexeitamos a legalización dunha asociación co nome de Democracia real Ya! e non recoñecemos a esta como emanada dunha decisión colectiva.
  5. Os autoproclamados voceiros actualmente están nun proceso interno de expulsión polo secuestro da fanpage en Facebook, polo seu accionar ilexítimo en nome de DRY e por outras causas graves.
¡ Non, non nos representan!!

lunes, 26 de marzo de 2012

Boletín Informativo: Eventos para esta semana

  • Mañana martes 27, a las 19:00h: Saldrá de la Alameda la "Manifestación da escena galega".
  • También mañana, a las 21:30h: Reunión en la Facultad de Historia para decidir el recorrido del "pasarrúas" del miércoles. 
  • El miércoles 28, quedada a las 18:00 en la Facultad de Historia para iniciar el "pasarrúas prepiquete informativo".
  • El jueves 29, después de la manifestación: "Xantar Popular/Asamblea" donde se decidirá el lugar en el que celebrar la asamblea de las 20:00h

Se ruega difusión. Gracias.
Convoca Asamblea Aberta.

sábado, 18 de febrero de 2012

Todxs a rúa: o #19F saímos como Bloque Crítico



Os sindicatos CCOO e UGT convocan unha manifestación para o día 19 de febreiro ás 12:00h na Alameda en protesta pola reforma laboral. Pensamos que toda a cidadanía debe participar xa que dita contrarreforma é profundamente lesiva para os traballadores ó permitir o despido libre nas pequenas empresas e a aprobación de ERE’s por previsións de futuras perdas de beneficios, segundo o criterio do patrón, entre outras medidas.

Non podemos permitir que o goberno siga a desmantelar os dereitos dos traballadores. Cremos na unidade de tódalas forzas para loitar contra a reforma laboral, por iso vemos necesario participar desta mobilización e de calquera outra que propoñan as diferentes organización sociais e políticas, como xa vimos facendo.

A nosa participación nesta mobilización farase desde unha perspectiva crítica coas executivas e a burocracia dos sindicatos convocantes. Animamos a súa militancia a rebelarse contra o seu modelo organizativo e que pidan a celebración de asembleas populares onde haxa unha participación inclusiva de tódolos traballadores, organizados ou non, e máis daqueles sectores excluídos tradicionalmente da loita obreira como son os parados.

Non temos nada en contra das bases destes sindicatos senón dun modelo de facer sindicalismo que pensamos que é totalmente errado e que ven facéndolle o xogo ó capital desde hai décadas traizoando e enganando a clase traballadora e á súa militancia. Por iso participaremos na manifestación do 19 de febreiro baixo o lema:

NON ESQUECEMOS, NIN REFORMA LABORAL, NIN PASIVIDADE SINDICAL

Evento da convocatoria en Facebook.

miércoles, 8 de febrero de 2012

A Plataforma polo Aforro Público mobiliza á cidadanía galega o 9 de febreiro


Baixo o lema “por unha banca pública” o colectivo concentrarase en múltiples localidades galegas o xoves polo serán fronte ás sedes de NGB, símbolo da bancarización das caixas que denuncian.

O próximo xoves 9 de febreiro o colectivo fai un chamamento cidadán cunha concentración en localidades como Vigo, Pontevedra, Santiago, Coruña ou Ourense entre as 17.00h e as 19.00h do serán. Os diversos grupos protestarán fronte ás sedes de NGB, que simbolizan a “mala xestión das caixas, o proceso de bancarización e nacionalización das caixas, o fin da obra social, as indemnizacións millonarias dos directivos que mal xestionaron as entidades financeiras…”.

A Plataforma está a recoller firmas para pedir á Fiscalía que actúe de oficio contra as caixas por administración desleal, polo que a concentración deste xoves non é máis que un primeiro acto de protesta dentro do seu proxecto que conta entre os seus obxectivos: esta recollida de firmas, facer unha auditoría popular da xestión das Caixas que permita sanear as contas, esixir un sistema financeiro público, nacionalización de Novagalicia Banco e a recuperación das caixas de aforros con obxectivos éticos e sociais, como a divulgación das entidades financieras alternativas cun sentido social, como as cooperativas de crédito ou a banca ética.

Plataforma Polo Aforro Público está integrada polos seguintes movementos cidadáns: Foro de Asembleas Galegas do 15MATTAC Xustiza Económica GlobalStop DesahuciosCop57Mesa pola converxencia e Democracia Real Xa.

En Compostela, concentrámonos diante da sede principal, na Praza de Galicia a partires das 17:00h.

Outras convocatorias:

  • Vigo: 17.00h, no cruce dos catro bancos, enfronte da porta principal de NGB (Rúa Colón).
  • Pontevedra: 19.00h na praza de San Xosé fronte ao antigo centro social de Caixanova.
  • Lugo: 18.30h Praza Maior perante o edificio da “Fundación Caixagalicia”.
  • Ourense: Fronte a sede central de NGB (Rúa Juan XXIII, 31) de 17.00h a 19.00h.


Máis información sobre a Plataforma:
Evento no FB